Finalmente demos o salto dende a rede social Facebook, onde temos medrado neste primeiro ano de vida. Chegados son os tempos de expandirnos, e tentar chegar a mais xente mediante novas canles de comunicación. Neste sentido damos por inaugurado este blog, o cal seguirá as mesmas premisas que a sua irmá maior de facebook, isto é:
Dedicación exclusiva á historia da comarca de Ferrol e do seu entorno mais próximo, buscando exercer unha labor divulgativa que serva para darlle a coñecer ós veciños da comarca o pasado da nosa terra. Para iso, reivindicamos, dende o esquecemento no que se atopa, o grande e rico patrimonio que nos legaron as xentes que nos precederon. Preocúpanos que perante o estado de abandono no que fican este valioso legado, tanto material como inmaterial, desapareza. Por iso, un dos nosos principais obxectivos é concienciar á sociedade mediante a divulgación, achegando e familiarizando as persoas coa historia. Nesta liña calquer avance conseguido, por pequeno que sexa, fará que teña sentido todo o tempo invertido. Invitámosvos a acompañarnos neste proxecto.
Comentarios
Publicar un comentario