O pasado día 8 o Diario de Ferrol facíase eco dunha denuncia interposta por Xabier Moure, por mor da agresión feita a un dos enterramentos megalíticos do conxunto
Mouga-Campaiñas.(http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/denuncian-nuevos-danos-mamoas-megaliticas-montes-mouga/20170309232309183010.html)
Se ben, poderíamos dicir que esta nova é de todo menos novidade. Isto
é, que nos últimos anos na nosa comarca ferrolana se teñen sucedido os
atentados contra estes monumentos megalíticos sen que asemelle ou se
albisque un punto final nesta constante.
(http://historiadegalicia.gal/2017/01/nova-agresion-unha-mamoa-en-valdovino/)
(http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/denuncian-destrozos-desbrozadora-mamoa/20150206220019114436.html)
Con todo, non se trata dun problema exclusivo desta comarca, as malas
prácticas na explotación dos montes e na ordenación urbanística ten
resultado nun estado de ameaza ao patrimonio megalítico da Galicia.
(http://historiadegalicia.gal/2017/01/por-que-mamoas-son-un-problema-para-empresarios-e-administracions/)
Sen ignorar esta realidade dende a Asociación Cultural Ferrolterra
Antiga, e en base a nosa zoa de actuación, temos recollido a
preocupación pola sorte do legado megalítico. Polo que, o pasado día 21
remitimos ao Concello de Ferrol a misiva que prosegue:
Comentarios
Publicar un comentario