Conflito desencadeado pola construción do Castelo da Nogueirosa

  O documento a tratar hoxe xa foi mentado anteriormente nunha publicación da nosa páxina de Facebook; se ben de forma moi breve. Neste post teredes a vosa disposición o texto completo (recordamos que ollo coa transcrición, pois pode estar suxeita a erros). 

Castelo da Nogueirosa entre 1910 e 1920.

  Transcorría o ano 1369, e, sobre a Pena de Leboreiro (parroquia de San Cosme de Nogueirosa, Pontedeume), Fernán Pérez de Andrade daba a orde de erixir unha fortaleza dende a cal exercería o control da comarca. Esta decisión alterou ó cabido de Santa María de Sobrado, pois a nova edificación ubicábase nas proximidades de terreos suxeitos a súa xurisdición. Coa fin de solventar este choque, o prior do mosteiro iniciou un requirimento para impedir que o cabaleiro erixise dita torre.

O requirimento iniciado polo Mosteiro de Sobrado fronte a decisión do Andrade.
  
  Vexamos de qué xeito se tratou o asunto:

[1] Era de myll e quatroçentos e sete annos [1369 d.C.] oyto dias de junio en presença de min sevasthiao peres notario publico del rey ennos coutos de sobrado e dos [2] testigos adeante escriptos estando enno cabidoo do moesteiro de santa maria de sobrado da orde de cister que he enno arçebispado de santiago don frey [3] estevan fernandes prior do dito moesteiro por sy e en nome do convento do dito moesteiro que presente esta e outorga disso que a el e ao dito convento era [4] dito que fernan peres dandrade escudeiro querria fazer hun castelo et torreon enna penna que chaman do leborido que he enno couto de nugueyrosa açerca da [5] ponte deume aquel penna e couto e lugares e heredade e sennorio eran do dito moesteiro de sobrado et ao dito fernan peres dandrade non temen- [6] do a deus e en gran danno e perigoo de sua alma per força e contra boontade do convento e homes boos do dito moesteiro querria faser o dito castelo [7] enna dita penna do leborido e enno dito couto da qual cousa o dito prior e convento disia que avyan grande medo e temor de se lles siguir de [8] danno e perda do dito moesteiro e de seus lugares e benes et que o dito prior e convento avyan medo e gran pavor do dito fernan peres e de seus [9] homes dos corpos e das avenças e juravan per sua ordeen que non ousavan yr da dita penna de leborido nen aos ditos lugares nen en praça [10] do dito fernan peres faser esta dita deffesa nen a cada hun deles et por esta rason que es o dito prior oso en este dito dia por sy e [11] en nome do dito convento que presente esta e outorgo que deffendia anparava a dita penna do leborido e heredades de enrreda dela et o dito [12] couto de nugeyrosa con fiador para dereito que o dito fernan peres nen outros en nome del non fesessen castelo nen fortalesa nen casas [13] ninhunas enna dita penna do leboreiro nen ennas heredades de rredor dela e disendo o dito prior que dava a dito fiador para ante seu sennor el [14] rey e para ante seus meirinos e justiças enno temporal e para ante seu sennor bispo en para ante seus abditores enno spiritual en para [15] ante cada hun deles que façan dereito ao dito fernan peres ou a outro qual quier que lles sobre lo façan demanda ou embargo et que se o dito [16] fernan peres ou outros por el sobresto fesessen ou causasen a dito casillo ou torres ou casas ou çercas ou barrieras ou outros hediffiçios [17] algunos enna dita pena do leborido ou de enrredor dela que todo fosse per força e contra vontade do dito moesteiro e convento del et sobre [18] fiador por dereito assy contava aquel ou aqueles que toman et rouban o alleo per força e contra vontade daqueles cujo he disendo [19] o dito prior que dava o dito fiador para ante o dito sennor rey e para ante o ssennor bispo que façan e se ffara dereito como dito he [20] con aquel fiador o dito prior alçou mano conven a ssaber johan freyre morador enno lodeyro que estava presente e outorgante da [21] dita fiadoria et demays que se o dito fernan peres ou outros algunos por el contra esto passassen ou labrassen en fasendo o dito [22] castelo e torres enna dita penna e heredade e sennorio do dito moesteiro que prestavan de o diser e querelar ao dito sennor rey [23] e a seus meirinos e justiças hu seu dereito foro e todo o mal e força sen rason que lles o dito fernan peres fasia ou [24] fesesse ou mandasse faser e de todo esto que sobre dito he o dito prior por ssy e en nome do dito convento pideu [25] a min o dito notario hun testigo ou dous ou tres ou mays quantos lles conpressen para garda de seu dereito feyto enno dito cabido [26] dia e era sobre ditos testigos johan garçia do lodeiro e fernan ferreyrino e gonçalvo peres e pedro ardido moradores enna villa [27] nova e outros

[28] eu savasthiao peres notario sobre dito a esto presente fuy e firmo con meu nome e synal y ponno [29] en testimonio de verdade que tal he 

  As cousas non deberon ir coma quería o prior. Temos que ser conscientes do grande poder da gran nobreza galega no marco do s. XIV ante a debilidade do poder rexio. O requirimento non prosperou. Así pois a día de hoxe alí está, nas alturas de Nogueirosa, vixiando Pontedeume, o chamado comúnmente `Castelo dos Andrade´.




  FONTES:

Comentarios