O Seixo, lugar de tránsito de xentes, correos e mercadorías.
Cara a segunda metade do século XVIII o novo Ferrol, xurdido das decisións estatais para establecer neste punto a capital do departamento marítimo do noroeste, o arsenal e estaleiros reais, converterase nun polo de atracción de xentes e recursos.Pola súa localización estratéxica, enfrontando dende a outra banda da ría a vila de Ferrol, o Seixo será un punto neurálxico na comunicación marítima de ámbolos dous extremos desta ría.
Isto e outras cousas menciona Madoz no volume XIV do seu dicionario (1830-1850):
"Sit. en la falda de una pequeña y agradable colina que termina en el mar á la orilla S. de la bahia del Ferrol,cuya v. hace frente y de la que dista 3 millas [...]En este puerto se embarcan los que se dirigen al Ferrol por evitar el rodeo de 2 leg.(por Jubia)"
Efectivamente, como indica Pascual Madoz, o enlace marítimo do Seixo foi a opción mais curta e rápida para aqueles que quixeran achegarse a cidade departamental dende a franxa sur. Pois, neste momento anterior ás grandes pontes atravesando a ría de banda a banda, a ruta terrestre para aqueles que querendo chegar a Ferrol tivese que salvar a ría pasaba inescusablemente por Xubía e a súa ponte, có evidente rodeo que isto supuña.
Postas en balanza ámbalas dúas posibilidades non nós extraña o carácter preferente e importancia que acadou o Seixo nas comunicacións con Ferrol.
Novamente en Madoz unha visión deste rol adoptado polo porto do Seixo:
"al efecto hay en la ribera gran número de botes de pasage; por aqui lo hace el correo de Betanzos al Ferrol, cuando las marejadas no lo impiden: en la casa de postas deja la correspondencia para Mugardos "
Xentes e mercadorías movíanse polo Seixo, pero tamén o correo como asinala Madoz. Na súa obra "O Seixo. Na outra banda da banda de Ferrol.1730-1930" o historiador Bernando Máiz testemuñou: "o transporte regular e oficial por O Seixo do correo de/para Ferrol, Mugardos e Ares e-por Pontedeume-, cara a Betanzos" xa dende o ano 1770. A súa vez, Maiz constata a existencia dunha casa de Postas no Seixo dende 1766 onde se :
" ofrecía cabalerías, xantar e pousada".
Pero non só estaba comunicado por mar o Seixo. Resulta razoable e imperioso a existencia de vías de comunicacións dende ou para o Seixo polos que puidesen transitar bidireccionalmente os correos, mercadorías e persoas.
Tal e como obsérvase neste mapa confeccionado por Domingo Fontan en 1845, O Seixo aparece comunicado por terra con Cabanas e Pontedeume, e perante esta vila con Betanzos.
Resulta interesante contrapoñer a conexión do Seixo con Cabanas/ Pontedueme fronte a ausencia de comunicacións de importancia, como para ser recollidos por Fontan, entre a vila de Mugardos e Cabanas/ Pontedeume. Esta dispar articulación viaria fálanos da importancia acadada polo Seixo como eixo das comunicacións coa vila de Ferrol.
Durante moitos anos as embarcacións cruzaron nunha e outra dirección a ría, evoluindo coas innovacións tecnolóxicas, primeiro a vela e posteriormente a vapor. Na xa nomeada obra de Máiz o historiador recolle os nomes das embarcacións que o comezo do século XX transportaban persoas pola ría. Filomena, Beiramar ou Galicia son algúns distos nomes.
Se ben, os cambios acontecidos na forma de vida, as melloras nas vías de comunicacións e nos transportes conlevarán o progresivo ocaso das comunicación marítimas polo interior da ría. Esmorecen as compañías e as embarcacións de transporte e con iso o Seixo perde a súa función de nexo portuario.
BIBLIOGRAFÍA:
MAIZ VAZQUEZ, B. "O Seixo. Na outra banda da banda de Ferrol.1730-1930" Edicións Embora. 2015.
MADOZ, P. "Diccionario geográfico-estadístico-historico de España y sus posesiones de ultramar" v. XIV.
http://mapas.xunta.gal/visores/basico/
Comentarios
Publicar un comentario