O documento de hoxe, que leva por título `Testamento de Gonzalo Pérez de Mandiá´, atópase dispoñible a través de `Galiciana: Arquivo Dixital de Galicia´ (aquí); formando parte dos fondos aportados pola Real Academia Galega:
Grazas á mesma institución á que pertence este documento fíxose máis doada a realización da nosa transcrición, xa que a RAG posúe unha previa asociada ós seus boletíns (prema aquí). Pese ó grande apoio que nos proporcionou, dicir que hai pequenas variacións entre as dúas:
[1] dia quinta feyra
que he
[2] sete dias do mes
de jujo
[3] ano do nacemento
do noso senor
[4] ihesu christo de
mill e quatro centos e tres
[5] anos en este dia
ena villa de
[6] mandie en
presença de min gonsalvo meendes no-
[7] tario publico e
das testemoyas adeante escritas e ante afonso
[8] eanes merino por
garsia rodrigues de valcarçere paresceu
[9] afonso gonsalves
e presentou huna manda de seu padre
[10] gonsalvo peres
que foy de si o tenor he este que se syge ino
[11] nome de deus
amen sabam todos quantos es-
[12] ta carta virem
que gonsalvo peres de mandia jasendo do-
[13] ente pero con
todo meu syso e entendemento qual mo a
[14] min deus quiso
dar faço mina manda e meu testamento que pa-
[15] ra sempre valla
que para depoys mina morte as mias
[16] cousas fiquen
ben ordenadas primeyramete mando a mi-
[17] na alma a deus
padre que a feso a sua semeldoe e rogo
[18] a virgee santa
maria que seja mina avogada a ora da mina
[19] morte e mando
enterar a mina carne ena sopoltura de
[20] santa ougea de
mandie et mando a dita iglesia por lo que lle … (?)
[21] tendo des
maravidis mando afonso eanes clerigo vinte maravidis que faza ben
[22] por la mina alma
item mando a santa clara hun maravidil item man-
[23] do dar huna
prestança aos mallates da madallena de ferol de
[24] pan e de vino e
de carne item mando a johan caon clerigo sete
[25] maravidis item
mando que tenan des clerigos a mina sopoltura e que os pagen
[26] moy ben et faço
meu conpridor desta mina manda a meu fillo a-
[27] fonso gonsalves
e que a compra por lo meu e sen seu dano e sea conprindo
[28] dia que me eu
finar ata seys meses e sea conpra por lo meu et
[29] sen seu dano e
mando ao dito afonso gonsalves por lo trabalo que ouver
[30] por comprir esta
mina manda mandole por ello a metade da casa
[31] de mandie que eu
fize con sua madre e que aja a dita casa para sen-
[32] pre sen enbargo
das outras minas fillas e apodero ao dito meu
[33] fillo e conpridor
en todos los meus bees movells e reyses ata que minas
[34] mandas sejan conpridas
e dou todas las outras mandas que ey feytas ata
[35] aqui salvo esta
que he mina manda e mina postremeyra vontade et
[36] mando que valla
como manda e se non valver como manda que valla como
[37] codicillo e se
non valver como codicillo que valla como a mina manda et
[38] mina
prostremeyra vontade e qualquier meu erdeyro que contra esta mina manda
[39] for ou embargar
en alguna maneyra peyte a este meu conpridor mill cento
[40] da moneda
corente e de mays que aja a mina maldiçon ata setima sea gearaçon fey-
[41] ta esta manda en
vilar ena casa de pero afonso vinte e nove dias de
[42] mayo ano do
nacemento do nacemento (sic) do noso senor ihesu christo de mill et
[43] quatroçentos e
tres anos testemoyas afonso carneyro e johan eanes de vilar e johan da
[44] vacaryça e johan
mero de ferol e outros en gonsalvo meendes no-
[45] tario ena tera
de tresancos por lo conde fradayque ena filgrisia
[46] de santa ougea
de mandie por garsia rodrigues de valcarcere a ysto presente foy
[47] escriby (?) e meu
synal i pono que tal he i confirmo et leyda a dita manda
[48] et pobicada a
dita manda a ditos afonso gonsalves diso que pedia ao dito notario que o me-
[49] terese e
apoderare en todos los bees et conprimento que lle mandara a dito seu pa-
[50] dre que conprise
a dita sua manda e pero afonso do vilar por sua moller maria gonsalves
[51] e por teresa de
mandie fillas do dito gonsalvo peres diso en nome dellas que es-
[52] tavan presentes
le mandaron que dise por elas diso que non consentia ena dita
[53] manda e que
pedia o tralado della e dirya contra ella do seu dereito eno tenpo
[54] que devia con
dereito e a dito afonso eanes merino diso que fasia asentamento ao dito
[55] afonso gonsalves
ena casa e manda segundo que por ella parescia que fora mandado do
[56] dito gonsalvo
peres a salvo ficase e algunas pesoas o seu dereito seo en elo avia que o de-
[57] mandase por ante
el se quise que o dito afonso gonsalves asy o recebeu testemoyas johan montey-
[58] [ro] e lopo
monteyro johan afonso douteyro johan caon clerigo e outros
[59] e eu gonsalvo
meendes meendes (sic) notario ena tera de tresancos por lo conde
[60] don fradayque e
ena filgresia de santa ougea de mandie por garsia rodrigues de
[61] valcarcere a
ysto presente foy escriby e meu synal o pono que tal
[62] he e confirmo
Feita a transcrición, temos varios aspectos que son moi interesantes para tratar de xeito pormenorizado.
O primeiro deles, xa na primeira liña, é o uso de quinta feyra en troques de xoves. Non é algo que nos sorprenda dado que este sistema aínda é usado en Portugal; e, segundo parece, ten a súa orixe xa na cristianización da Gallecia sueva por mor da obra de San Martiño de Dumio (s. VI d.C.). Ó fin e o cabo é máis cristián chamar os días por domingo (dies domini), segunda feira, terceira feira etc... que por luns (dies lunae), martes (dies martis) etc...
Indo cara o s. XV, onde se sitúa o documento, temos presente a afonso eanes merino por garsia rodrigues de valcarçere. Atendemos ó home a quen representa xudicialmente afonso eanes. Así, compre dicir que un dos beneficiados polas chamadas `Mercedes Henriqueñas´ na guerra civil entre Pedro I e o propio Henrique II, foi García Rodríguez de Valcarce; este era fillo de Constanza García de Valcarce e de Xoán Freire de Andrade. A súa axuda ó Trastámara valeulle a doazón das Pontes d´Uyme por vía do sobriño do rei, Pedro Enríquez, en 1372; deixando a súa pegada na toponimia eumesa ó quedar o seu nome vinculado á dita vila das Pontes. Mais... qué facía un meiriño deste home en Mandiá? A resposta está na doazón que o fillo de Pedro Enríquez, Fadrique Enríquez, duque de Arjona, fíxolle á altura de 1401. En 1403 xa exercía a súa xurisdición neste couto coma se ve por afonso eanes. Amén da súa vinculación con Mandiá, dicir que por vía do seu avó paterno (Nuno Freire de Andrade) posuía os coutos de Valón e Brión.
Centrándonos de novo no texto, temos os nomes de dúas persoas vinculadas á mesma familia: gonsalvo peres e afonso gonsalves; pai e fillo respectivamente. Ámbolos dous pertencen á liña dos Mandiá. Esta familia, que nos vindeiros séculos irá acadando un protagonismo cada vez maior na contorna, forman parte dun novo entramado nobiliar que se articula a comezos do s. XV que xorde á sombra dos mosteiros e cabidos catedralicios, alcanzando ó propio tempo un indubidable protagonismo entre as oligarquías urbanas. É isto último o que máis se axusta á situación dos Mandiá; apoderados a través da súa actividade mercantil có norte mediante as súas naos e fletes en navíos doutras procedencias. Esta traxectoria levaráos paseniñamente a ocupar os cargos municipais da vila de Ferrol dende estes postremeiros séculos medievais até a modernidade.
Proseguindo cós Mandiá, somos testemuñas dun feito que nos está a falar da consolidación da liñaxe nestes derradeiros séculos medievais. Dende o s. XIII obsérvase paseniñamente na nobreza galega a tendencia á mellora do primoxénito varón; rompendo cun reparto da herdanza preexistente máis equitativo e que non excluía á muller desta cuestión: `(...) mando ao dito afonso gonsalves por lo trabalo que ouver por comprir esta mina manda mandole por ello a metade da casa de mandie que eu fize con sua madre e que aja a dita casa para senpre sen enbargo das outras minas fillas e apodero ao dito meu fillo e conpridor en todos los meus bees movells e reyses (...)´.
Aproveitando esta mención anterior, dicir que se nos fala da casa de mandie. Sabemos hoxe en día das ruínas do pazo de Soelle na parroquia de Santa Uxía; se ben, esta referencia á casa familiar débese referir a unha casa solar previa. Sabemos que por outra rama da familia, que entronca cós Pita da Veiga, xa no s. XVI, poderíase constatar outra casa nobre na parroquia; xa que os Pita da Veiga titulábanse coa denominación de señores do Pazo e Torre de Mandiá. Podería ser esta a orixe dese pazo e torre? Non o podemos confirmar, mais o fragmento da pé a falar destas cuestións en torno a estruturas desaparecidas da contorna.
Retrocedendo no texto, hai unha curiosa mención acerca da prestança aos mallates da madallena de ferol de pan e de vino e de carne. Segundo a propia transcrición da RAG, os mallates (do mesmo xeito que mallatos ou malatos) son os gafos, os leprosos. As mandas fálannos dunha doazón de carácter asistencial á Capela da Madalena (que dá nome a día de hoxe a todo o barrio) coa fin de cumprir na morte coma bo cristián.
Tocados todos estes temas, volvemos ver coma un sinxelo documento pode dar pé a falar acerca das cuestións dos termos usados na distribución do tempo, das diversas liñaxes da contorna, dos métodos de transmisión patrimonial de xeración en xeración e, incluso, de dúas estruturas actualmente desaparecidas. Todo depende de onde poñamos o ollo.
Escudo en pedra coas armas dos Valcarce. Sacado de Visiones de Ferrolterra. A súa presenza no castelo de Moeche é un tema tentador para vindeiros posts. |
Centrándonos de novo no texto, temos os nomes de dúas persoas vinculadas á mesma familia: gonsalvo peres e afonso gonsalves; pai e fillo respectivamente. Ámbolos dous pertencen á liña dos Mandiá. Esta familia, que nos vindeiros séculos irá acadando un protagonismo cada vez maior na contorna, forman parte dun novo entramado nobiliar que se articula a comezos do s. XV que xorde á sombra dos mosteiros e cabidos catedralicios, alcanzando ó propio tempo un indubidable protagonismo entre as oligarquías urbanas. É isto último o que máis se axusta á situación dos Mandiá; apoderados a través da súa actividade mercantil có norte mediante as súas naos e fletes en navíos doutras procedencias. Esta traxectoria levaráos paseniñamente a ocupar os cargos municipais da vila de Ferrol dende estes postremeiros séculos medievais até a modernidade.
![]() |
Armas dos Mandiá no Pazo do Monte (cadelo con tres bastos cruzados enriba del). Tomada de Xenealoxías do Ortegal, en concreto da árbore dos Bermúdez de Mandiá. |
Proseguindo cós Mandiá, somos testemuñas dun feito que nos está a falar da consolidación da liñaxe nestes derradeiros séculos medievais. Dende o s. XIII obsérvase paseniñamente na nobreza galega a tendencia á mellora do primoxénito varón; rompendo cun reparto da herdanza preexistente máis equitativo e que non excluía á muller desta cuestión: `(...) mando ao dito afonso gonsalves por lo trabalo que ouver por comprir esta mina manda mandole por ello a metade da casa de mandie que eu fize con sua madre e que aja a dita casa para senpre sen enbargo das outras minas fillas e apodero ao dito meu fillo e conpridor en todos los meus bees movells e reyses (...)´.
Aproveitando esta mención anterior, dicir que se nos fala da casa de mandie. Sabemos hoxe en día das ruínas do pazo de Soelle na parroquia de Santa Uxía; se ben, esta referencia á casa familiar débese referir a unha casa solar previa. Sabemos que por outra rama da familia, que entronca cós Pita da Veiga, xa no s. XVI, poderíase constatar outra casa nobre na parroquia; xa que os Pita da Veiga titulábanse coa denominación de señores do Pazo e Torre de Mandiá. Podería ser esta a orixe dese pazo e torre? Non o podemos confirmar, mais o fragmento da pé a falar destas cuestións en torno a estruturas desaparecidas da contorna.
![]() |
Ruínas do Pazo de Soelle en Santa Uxía de Mandiá. |
Retrocedendo no texto, hai unha curiosa mención acerca da prestança aos mallates da madallena de ferol de pan e de vino e de carne. Segundo a propia transcrición da RAG, os mallates (do mesmo xeito que mallatos ou malatos) son os gafos, os leprosos. As mandas fálannos dunha doazón de carácter asistencial á Capela da Madalena (que dá nome a día de hoxe a todo o barrio) coa fin de cumprir na morte coma bo cristián.
![]() |
Neste plano de Ferrol do ano 1751, onde se planifica o arsenal e a nova poboación, é visible a localización da antiga Capela da Madalena. Sacado de europeana collections. |
Tocados todos estes temas, volvemos ver coma un sinxelo documento pode dar pé a falar acerca das cuestións dos termos usados na distribución do tempo, das diversas liñaxes da contorna, dos métodos de transmisión patrimonial de xeración en xeración e, incluso, de dúas estruturas actualmente desaparecidas. Todo depende de onde poñamos o ollo.
BIBLIOGRAFÍA:
- DOPICO BLANCO, F., `A vila de Ferrol no transcorrer da baixa idade media á modernidade: aspectos da súa municipalización, economía e fiscalidade (séculos XIII-XVI)´ en BURGOA, J.J. e LLORCA, G. (Coord.), `Homenaxe a Ferrol Vello´, Edicións Embora, 2015, p. 44
- PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, E., `De las viejas estirpes a las nuevas hidalguías. El entramado nobiliario gallego al fin de la Edad Media´ en `Nalgures´, Tomo III, 2006, pp. 263-278 (dispoñible aquí)
- TATO, C., `Pedro de Valcárcel, poeta gallego del siglo XIV´ en `Revista de poética medieval´, 28, pp. 119-142 (dispoñible aquí)
Comentarios
Publicar un comentario