Xogando coa escritura precortesana: Un documento relativo a Nuno Freire de Andrade `O Mao´



  Hoxe decidimos botar unha lectura máis pormenorizada ó documento onde saía o veciño ferrolano Abraham Peite coma testemuña, datado o 22 de Xullo de 1407.

  Antes de dicir nada sobre o tema, aclarar que esta transcripción pode conter erratas, dado que hai que poñer moito ollo e comprobar con paciencia e amodiño o que ven escrito no documento.

  Aclarado isto, temos neste documento a referencia ós arrendamentos e aforamentos de encomendas e señoríos por parte do Mosteiro de San Martiño de Xubia ó famoso Nuno Freire de Andrade `O Mao´. Este señor de Andrade (1407-1431) sería famoso por tere provocado, a través da súa administración asfixiante para os seus vasalos, a Irmandade Fusquenlla. Esta foi a primeira manifestación do que serían as revoltas irmandiñas, e tivo o seu foco nos dominios dos señores de Ferrol, Pontedeume e Vilalba. O documento, coma comprobamos pola duración do seu mandato, data do seu primeiro ano coma señor destas terras (de feito, menciónase ó seu recén falecido pai Pedro Fernández de Andrade). 

  Volvendo ó texto, parécenos interesante sinalar cales son esas encomendas e señoríos dos que fan partícipes ós Andrade os monxes de Xubia; outorgándolles todas las rrendas et serviços i deretos destes. Así, estes privilexios atinxen, nin máis nin menos, ó propio couto de San Martiño e á freigresía de Santa María de Caranza; núcleos dentro dese dominio monacal. Ademais, tamén se inclúen Anca e Viladonelle dentro desas potestades compartidas. Aparte, menciónase tamén unha das fortalezas medievais máis relavantes da comarca: o Castelo de Narahío.

  En resumo, este documento de comezos do mandato de Nuno Freire de Andrade da idea do poder que consolidaran os Andrade na comarca dende a segunda metade do s. XIV, chegando a controlar mesmo os privilexios dos principais mosteiros coma o de Xubia. As rendas eclesiásticas constituían un poderoso aliciente para a gran nobreza galega.

  DOCUMENTO E TRANSCRIPCIÓN:



[1] Sabam q(ua)ntos esta carta vire(n) como nos afon(so) rr(odrigue)s p(ri)or do m(osteiro) de sam m(artino) de ju(v)ya estando de dentro do cabido do d(i)to moste(iro)
[2] aju(n)tados co(n) nosos mo(n)g(e)s afon(so) m(a)rt(ine)s et afon(so) f(e)rr(nande)s do cast(r)o mo(n)g(e)s do d(i)to moste(iro) per canpaa tanjuda seg(undo) avemos de uso et de
[3] custume ne(n) sendo endusydos p(er) engano ne(n) costre(n)gudos p(er) out(ra) força myas de noso plas(e)r et vontade bendo em como vos nuno
[4] freyre de andrade fillo q(ue) fost(e)s de p(er)o f(e)rr(nande)s dandrade cavalle(iro) vasalo de noso sen(n)or el rey fost(e)s et sod(e)s soçedente [enna] erançia do d(i)to p(er)o
[5] f(e)rr(nande)s voso padre et vos et o d(i)to p(er)o f(e)rr(nande)s noso padre et voses antesçur(e)s fesest(e)s moyto bem en defendeme(n)to aos p(ri)or(e)s et mo(n)g(e)s i peso-
[6] as deste d(i)to moste(iro) et fased(e)s de cada dia etaa(n)sy en vosas sopulturas por onde nos o d(i)to afon(so) rr(odrigue)s p(ri)or do d(i)to moste(iro) et mo(n)g(e)s
[7] todos aju(n)tados em hun acordo et vontade out(or)gamos et conosçemos q(ue) arrandamos et aforamos a vos o d(i)to nuno freyre q(ue) sod(e)s pr(e)sent(e)
[8] et a vosa moll(e)r dona beatr(i)s me(n)d(e)s de vald(e)s et aos fillos i fillas q(ue) anbos agora aved(e)s et daq(ui) adiant(e) ouv(er)d(e)s de cu(m)sum por todos los
[9] dias de vosas vidas i dell(e)s morendo hu(n)s q(ue) vage(n) nos outros ata a morte do postreme(iro) de vos i dell(e)s usando vos o d(i)to nuno fre(y)re et
[10] vosa moll(e)r p(rimeira)me(n)te en vosas vidas et depoys vosas mort(e)s os fillos i fillas q(ue) asy ouv(er)d(e)s convem a saber q(ue) vos arrandamos et aforamos
[11] seg(undo) et ena man(eir)a q(ue) d(i)to he ametade da encome(n)da et senorio do couto de sam m(artino) de juvya et da frigl(es)ia de s(an)ta m(aria) de cara(n)ça et mays vos
[12] arrandamos et aforamos o senorio et encome(n)da dos nosos coutos de anca et villa donelle q(ue) som açerça do voso castelo de naraio as q(uae)s ditas
[13] encome(n)das et senorio q(ue) nos asy arrandamos et aforamos da d(i)ta metade do d(i)to couto de san m(artino) et da frigl(es)ia de s(an)ta m(aria) de carança et
[14] dos coutos danca et villa do nelle vos arra(n)damos et aforamos co(n) todas las rrendas et s(er)viços i d(e)r(e)t(o)s et q(ue) as d(i)tas encome(n)das p(er)tesçe et seg(undo) q(ue)
[15]  as mellor et mays cunp(ri)dame(n)te levaro(n) et usaro(n) p(er)lo d(i)to moste(iro) voso padre p(er)o f(e)rr(nande)s et voso tyo f(ernando) p(ere)s dandrade et aved(e)s a dar por rrenda
[16] et foro del ao d(i)to moste(iro) de cada hu(n) an(n)o por dia de san m(artino) dusentos m(a)r(avedie)s desta mon(eda) bra(n)ça en tr(e)s di(neiro)s et sered(e)s sempr(e) no bem et onrra et defen-
[17] deme(n)to do p(ri)or et p(er)sonas do d(i)to moste(iro) et nos fasemos vos lo de paz no d(i)to t(em)po p(er) los bees do d(i)to moste(iro) et esto he f(ei)to et out(or)gado entre as
[18] d(i)tas p(a)r(te)s a boa fe et sen ma(a)o engano e no(n) avemos de yr ne(n) pasar cont(ra) ello em nehu(n) t(em)po p(er) nos ne(n) p(er) out(ra) p(er)soa em noso nome sopena
[19] de q(ua)tro myll m(a)r(avedie)s da d(i)ta mon(eda) q(ue) page(n) ap(ar)te qu(e) o asy no(n) tove(r) et compli(r) a out(ra) p(ar)te et a vos del rey de p(er) me(d)o aq(ue)l(a) pena pagada ou no(n) pagada duas
[20] ca(rta)s em este tenor p(er) not(ario) seja(n) firm(e)s et valla(n) f(ei)tas eno d(i)to moste(iro) vint(e) et dous dias do mes de julio an(n)o do nasçemento de noso sen(n)or ih(es)u [Xesús]
[21] xp(ist)o [Cristo] de mill et q(ua)tro centos et sete an(n)os t(estemuna)s q(ue) foro(n) p(re)sent(e)s rrogados et chamados p(ar)a ello nuno p(ere)s cornella nuno p(ere)s de grygoa diego m(a)r(tine)s de pa(n)tyn
[22] escud(ei)r(o)s et parentes do d(i)to n(un)o freyre m(a)rt(in) m(a)r(tine)s de sobrado abra(n) peyte judio visino de ferrol e out(ro)s et eu o d(i)to nuno freyre q(ue) soo(n) p(re)sent(e)
[23] por mi(n) et por las p(er)sonas sobr(e) d(i)tas asio asio rreçebo et p(ro)meto et out(or)go apagar a d(i)ta rrenda de cada hu(n) an(n)o p(er) m(in) et p(er) meus be(n)es
[24] et espiçialme(n)te p(er) las rrendas et d(e)r(e)t(o)s dos d(i)tos coutos et lugar(e)s t(estemuña)s sob(r)i di(t)as eu afo(nso) p(ere)s not(ario) pub(li)co de noso sen(o)r el rrey na
[25] sua cort(e) et en t(o)d(o)s los seus regnos pr(e)ssen(te) foi et fis(o) es(c)ri(b)yr et pono aq(ui) meu s(i)gnal tal (signum).  



Comentarios

  1. Sigo sen entender o de grafar Nuño, en galego, pola forma correcta Nuno...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Corrixido, colousenos o nome en castelán. Graciñas pola observación :)

      Eliminar

Publicar un comentario