Crónica dun monumento que non foi

Quen fora un pioneiro da aviación, quen durante anos engaiolara ao público coas súas arriscadas acrobacias, falecía na mañá do 3 febreiro de 1927. Tres anos atrás, xa retirado da aviación, viñera a vivir a Santiago, onde un dos seus fillos estudaba a carreira de medicina. Neste retiro adicaba o seu tempo a confección de paracaídas, de cadros de madeira de temática naval-mariñeira, e a súa familia.
Doente dunha pnuemonía, morría aos 48 anos de idade o afamado José Piñeiro González.
Do recoñecemento e admiración que se lle profesaba da mostra o eco que deste suceso se fai a prensa da época. No día 3 e nos sucesivos aparecen panexíricos en diferentes xornais. "El Eco de Santiago, El Diario de Pontevedra, El Correo Gallego, El Progreso, La Zarpa, La Voz de Galicia", en todos eles adícanselle unhas palabras a memoria do aviador.


No día 5 ten lugar o funeral en San Miguel dos Agros, co posterior enterro no Cemiterio Xeral. Ao acto achegáronse numerosas persoas, tanto autoridades locais como algúns do seus antigos veciños de Sanxenxo. Precisamente, nesta localidade, aínda vivo o aviador, adicáranlle unha rúa.
Ben cedo xurde a conciencia, en certas persoas e colectivos, da necesidade de facerlle unha homenaxe póstuma. Así pois, no día 30 de marzo "El Correo Gallego" fai saber que " En muchos pueblos de Galicia se preparan ahora a honrar la memoria del famoso aviador con diversos actos, y en El Seijo, su pueblo natal, se está organizando un homenaje que habrá de verificarse al descubrir la lápida que será colocada en la casita en que nació el primer aviador español"
O día 25 de xullo, polo día de Galicia e polo patrón da parroquia de Franza, a cal pertence O Seixo, hai festa nesta pequena vila. Celébrase misa na igrexia parroquial, e a comparsa de Xigantes e Cabezóns, xunto ao coro Toxos e Froles, amenizan a xornada. Neste día festivo tamén hai un espazo para a lembranza, así pois, a modo de homenaxe, colócase unha coroa de flores na casa que veu nacer a José Piñeiro. Se ben, neste momento, non se producirá a innaguración da esperada placa conmemorativa, pois moitos eran os colectivos que querían colaborar na homenaxe.
Será con motivo do primeiro aniversario do facelemento do aviador cando se produzcan novas homenaxes. A seixense Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega organiza unha "velada necrolóxica" en memoria do aviador. Por esta data aparecen as primeiras novas sobre o proxecto para construir no Seixo un monumento a José Piñeiro. Detrás desta iniciativa está a S.A.P.G, a cal, para este fin, constitue un comité e comeza a recollida de fondos.
Na noite do 4 de marzo, como parte dun conxunto de actividades culturais, organízase un baile no  Salón de Cardoeiro, coa fin de recaudar fondos para o monumento.
Será o ano 1929 no cal vexamos culminado un dos proxectos co que a vila do Seixo quería honrar a memoria do seu veciño. Así poís, durante unha exitosa festa da árbore (3 de marzo), na que se representaron pezas teatrais baseadas en clásicos galegos, na que se plantaron árbores frutais en Beiramar, e se escoitaron conferencias de Rof Codina, Lugrís e Matías Usero, foi colocada, por fin, a lápida conmemorativa, na casa onde, 50 anos atrás, nacera José Piñeiro González, e onde, a día de hoxe, aínda podemos observala.


 Se ben esta inciativa da S.G.A.P. chegou a bo porto, non acontecerá o mesmo co proxecto do monumento. As escasas referencias na prensa destes anos fainos pensar que pouco o nada debeu avanzarse. No mes seguinte ao da innaguración da placa, "El Pueblo Gallego" informa da doazón de 100 pesetas por parte da revista "El maquinista naval" de Bilbo.
 Nunha nota no número do día 1 de agosto de 1930  de" El Correo Gallego", na que se presenta a programación da vindeira festa do Carme, dásenos novos e interesantes datos. Neste artigo dase fe da necesidade de ampliar o campo de Beiramar, o cal quedara pequeno ante a grande afluencia que  rexistran as festas do lugar. Concretamente, sinálase a posiblidade de "recuperarlle" terreo o mar no espazo que vai entre Beiramar e o illote onde situarase o monumento a José Piñeiro.
Unhas  das posibles causas que explicaría os poucos avances logrados sería a situación de crise interna que sofre a S.G.A.P. nestes anos. Precisamente será durante unha exposición de crisantenmos e fotografías, celebrada no local da "Irmandade d´a Paisaxe Galega"( unha excisión da S.G.A.P) cando se produzca un novo acto de homenaxe ao aviador seixense. Nesta ocasión os xardineiros do concello de Ferrol e da Capitanía Xeral, "depositan [...] un ramo de raras flores en la lápida del aviador Piñeiro", segundo nos informa o xornal "El Pueblo Gallego" no día 7 de novembro de 1933.
Vemos como, aínda da escasa información sobre o estado do proxecto, as novas de homenaxes á memoria de Pepe Piñeiro, como lle chama agarimosamente a prensa, non deixan de sucederse. Por exemplo, "El Correo de Galicia", xornal da emigración galega en Arxentina, recolle a nova, na súa publicación do 24 de marzo de 1929,  de que no día 3 do corrente mes o cura párroco da igrexia de Franza, tras a misa, deu un responso pola alma do aviador. Non será o párroco de Franza o único que teña palabras de lembranza para co aviador. En xullo de 1933, durante unha conferencía impartida no local do Seixo "La Marina" por Ricardo Carvalho Calero, e titulada "Ollada xeral en col da lírica galega", o ferrolán adícalle unha loubanza ao seixense. Neste tempo a casa que vira nacer ao piloto convértese nunha parada "obrigada" para aqueles que visitan a parroquia. O 25 de xullo de 1934 "El Correo Gallego" informa da inminente chegada dende Madrid da agrupación "Lar Gallego", en cuxo programa de visitas inclúese a casa de natal  de José Piñeiro.



Fora da nosa comarca tamén prodúcense homenaxes: En Santiago, onde viviu e foi enterrado o aviador, ante a próxima innaguración do campo de aviación para as festas do apostol do ano 33, a xunta directiva do Aereo Club estuda a posibilidade de homenaxear ao aviador do Seixo.
Aínda en xullo de 1936, uns días antes do golpe de estado, chéganos información dunha nova homenaxe prevista  dentro das actividades  do "Anejo del II Certamen del Trabajo de Galicia" e, especificamente, dentro da sección adicada ao "Aire" Neste momento aparece como uns dos organizadores desta sección o nome de Iglesias Brage.
Co golpe de estado, a situación de guerra en España e o asentamento represivo do réximen ditactorial, prodúcese un lapsus de información. Así pois, nos seis anos que van entre xullo do 36 e novembro do 42 non atopamos ningunha referencía na prensa sobre novos actos de homenaxe, nen sobre o monumento. Se ben, cando reaparezca o proxecto do monumento o fará con forza. O 29 de novembro de 1942 "El Pueblo Gallego" sorpréndenos coa nova de que " para muy en breve" se  proxecta esta homenaxe, para o cal o Ministerio do Aire otorgará  unha importante subvención. Pola súa banda "El Compostelano", na súa publicación do 21 de maio de 1943, vai máis aló e fixa a innaguración do monumento en xullo dese mesmo ano, acto o que asistirán os ministros do exercito e do aire. Nesta mesma nota infórmasenos de que o concello de Santiago concedéralle a familia do aviador a súa sepultura a perpetuidade. Sepultura na que os novos aviadores seguían a depositar flores, en homenaxe a este precursor.
No día 8 xullo prodúcese unha nova conmemoración en "El Pueblo Gallego" en forma de artigo biográfico sobre o aviador. Este mesmo xornal, no día 10 dese mes, informa que ao acto de inaguración asistirá dende Canarias o sarxento do exercito do aire, José Piñeiro, fillo do homenaxeado. De novo fálase da posible presenza, na conmemoración, do ministro do aire.  Non podemos deixar de observar o protagonismo que vai cobrando o exercito neste proxecto iniciado dende S.A.P.G., como veremos, este cambio pudo ser importante no resultado final do proxecto.
Obviamente o monumento non se innagurará nese xullo do ano 43. Xa en decembro "El Pueblo  Gallego" infórmanos que no día 3 a Diputación acordou destinar 250 pesetas á construcción do monumento. Se ben, os atrasos neste tipo de homenaxes son comunes, tal é o caso do Monumento ao Camiñante Descoñecido, cuxa data de innaguración posponse varías veces, os grandes periodos de silencio e falta de información, por parte dos xornais da época, sobre o estado do proxecto, fai sospeitar de que debía existir algún tipo dificuldades.
Un novo lapsus, no que non voltamos a atopar ningunha referencia sobre o monumento ata finais do ano 50. No día 6 de decembro dese ano, o xornal "La Noche"informa de  que se vai convidar ao artista Asorey para que execute a obra. Detrás da renovada inciativa está o Coronel de Aviación Francisco Iglesias Brage, que xa aparecera como organizador no ano 36 da sección Aire, do "Certamen del Trabajo de Galicia"  O 19 de abril de 1951 o xornal " La Noche" informa de que Iglesias Brage promoveu unha subscripción entre os aviadores, para a construcción do monumento. Nesa mesma nota indícase que en breve celebrarase en Ferrol unha reunión para constituir o comite organizador da homenaxe.  Seis anos despois, no 8 de octubro de 1957, aínda atopamos unha última nova referente ao monumento, neste caso no xornal " La Voz de Galicia" Nesta, Maximino (alcume usado polo autor do artigo) pregúntase polas xestións realizadas pola comisión Pro Monumento. Pois teme o articulista, ante falta de novas dende fai bastantes meses, "tener que soportar nuevos "vuelos" de promesa que a tomar tierra no llega"
Son moitos os interrogantes que nos xenera o abandono final do proxecto. Que foi da anunciada subvención que ía dar o exercito, e das 250 pesetas que a Diputación arcodara aportar? Non logrou a subscripción de Brage o diñeiro necesario? Qué sucedeu para que a innaguración que se prevía inminente se desvanecera? Aínda con todo, podemos apuntar algúns factores que poidan explicar este malogrado final.
Xa indicamos que nos anos trinta a S.A.P.G. sofre unha crise interna que causará a división da sociedade en dúas agruapcións: S.A.P.G. e I.P.G. Esto debeu afectar os recursos e a capacidade de actuación das minguadas agrupacións, e por tanto aos proxectos plantexados. Outra factor, que puido afectar ao desenvolvemento do  proxecto, foi a coexistencia con outras iniciativas semellantes, neste caso, coincidindo coa proxección en Barallobre do Monumento ao Camiñante Descoñecido, pero tamén con outros obxetivos prioritarios para a S.A.P.G. No ano 1936  supéranse as anteriores diferencias entre a S.A.P.G. e a I.P.G, producíndose a reunificación, se ben, esta resultará efímera debido ao golpe de estado e a implatación da dictadura. O réximen que sae do Golpe mirará con desconfianza ao asocianismo, prohibindo dende un primer momento calquer expresión deste tipo. Así poís, baixo este clima de represión, inseguridade e prohibición, a vida social verase moi restrinxida. Pola sua parte, a pobreza xerada pola guerra, pero tamén polo réximen autárquico instaurado polos vencedores, afectará negativamente a vida cultural de Galicia.
A desintegración forzada da S.A.P.G. e a súa lenta reconstrucción, sen dúbida foi un escoio no progreso da inciativa. A desaparición da S.A.P.G. explicaría a necesidade de organizar un novo comité e de novas persoas que dirixan a iniciativa. Precisamente o alonxamento do proxecto do ámbito da iniciativa local e a dependencia dos recursos das institucións do réximen poden ser unhas das causas do aborto dun proxecto que, por outro lado, dilatárase demasiado.
 A día de hoxe dúas estatuas e o nome dunha praza recordan en Sanxenxo a figura de José Piñeiro Gonzalez, pola súa banda, a rúa ferrolá Aviador Piñeiro e a xa  tratada placa da casa natal son os homenaxes con que a nosa comarca contribue a manter a memoria do intrépido aviador.


Ficheiro:O Aviador Piñeiro.jpg

















HEMEROTECA:
  • El Compostelano
  • El Correo de Galicia 
  • El Correo Gallego
  • El Diario de Pontevedra
  • El Eco de Santiago
  • El Progreso
  • El Pueblo Gallego
  • La Voz de Galicia
  • La Zarpa 
WEBGRAFIA:
Fotografías das estatuas obtidas de Wikipedia
Camino por Sanxenxo. El aviador Piñeiro y su historia.Ruta de la leyenda (10)
Camino por Sanxenxo.Estatuas del ayer y hoy en sanxenxo

                

Comentarios