Ferrolterra Antiga organiza a andaina: "Roteiro pola morte"

A ASOCIACIÓN CULTURAL FERROLTERRA ANTIGA ORGANIZA A ANDAINA: ROTEIRO POLA MORTE


Ferrol, 23 de Outubro de 2018.

A Asociación Cultural Ferrolterra Antiga ten entre os seus obxectivos a investigación, promoción e divulgación do patrimonio histórico-cultural da comarca ferrolá e arredores, así como a programación de actividades culturais e de ocio. Por este motivo, organízase unha andaina co título: ROTEIRO POLA MORTE.

O obxectivo do roteiro é amosar a evolución histórica, cultural, artística e antropolóxica do concepto da morte ao longo da historia, coincidindo co cercano día de defuntos.

A  andaina partirá da parroquia da Brión para chegar a través dos Montes do Chá ata o Cabo Prioiriño. Isto permitiranos á vez desfrutar das fermosas paisaxes da Ría de Ferrol e do Golfo Ártabro. Destacan os seguintes puntos na ruta: o cemiterio e igrexa parroquial de Santa María de Brión; as mámoas dos Montes do Chá (Brión e Doniños) e o Monumento aos aviadores “Donier A” no cabo Prioriño. Como se pode ver, os puntos da andaina fan un percorrido dende a prehistoria, pasando pola Idade Media ata chegar a Idade Contemporánea.

A andaina será o vindeiro sábado 27 de outubro ás 10:00 horas, e percorrerá uns 9,5 kms., tendo unha duración aproximada de 4 horas, na que varios historiadores explicarán de aqueles aspectos histórico-culturais que salientan neste entorno.

A inscrición á actividade é gratuíta, pero as prazas son limitadas. É preciso confirmar a asistencia e aceptar as normas de participación, o que se pode facer a través de dúas canles:
1. A través do correo electrónico: ferrolterraantiga@gmail.com
2. A través dunha mensaxe no Facebook de Ferrolterra Antiga
Animamos a todos e todas a participar nunha actividade cultural que mestura elementos patrimoniais, culturais e históricos, e fomenta o coñecemento do entorno máis próximo e moitas veces descoñecido para os propios habitantes de Ferrolterra.


Comentarios